Lalín será concello libre de despexos

O grupo de goberno levará a pleno unha moción para evitar os despexos no Concello de Lalín.

O Goberno municipal quere facer de Lalín un concello libre de despexos. Por iso vén de presentar unha moción que pretende que o Concello poña todos os medios precisos para que ningunha persoa sexa expulsada do seu fogar cando a vivenda sexa a habitual e única.

A moción solicita que o Concello non facilite medios para colaborar nos despexos e que se adopten as medidas oportunas contra as entidades bancarias que executen despexos sen negociar a dación en pagamento ou o alugueiro social. Nesta liña, a iniciativa avoga por que o Concello retire até os límites legais permitidos os cartos das contas dos bancos que executen desafiuzamentos.
 

Comentarios