MEDIO RURAL INFORMA DE NOVOS INCENDIOS NO PAíS

Un incendio nunha parroquia de Ourense obriga a evacuar persoas

A Consellaría do Medio Rural informa de diversos incendios que están a ter lugar en distintos puntos do país. Nun deles, na parroquia ourensá de Cudeiro, estabeleceuse a “situación 2” e dada a proximidade das casas houbo evacuación.

[Imaxe: El Buho 3]
photo_camera [Imaxe: El Buho 3]

Diversos puntos do país están afectados con incendios forestais. Nun deles, o da parroquia ourensá de Cudeiro, estabeleceuse a “situación 2” e evacuáronse os veciños e veciñas da zona. Este incendio, segundo informa Medio Rural, leva calcinadas unhas 30 hectáreas.

250 hectáreas calcinadas en Viana do Bolo

Tamén arde no Barco de Valdeorras, onde un peón que actuaba contra un incendio neste concello tivo que ser levado ao hospital por inhalación de lume. Descoñécese, polo de agora, o número de hectáreas queimadas. Ademais, rexistráronse dous incendiosen Viana do Bolo, onde o lume xa leva queimadas 250 hectáreas. Tamén arde en Manzaneda, na parroquia de Cernado, onde as estimacións provisionais apuntan a 20 hectáreas queimadas.

Comentarios