O estudantado de Ribeira consegue horarios de estudo na biblioteca

Após o fechamento reivindicativo o concello abrirá o local de estudo de segundas feiras a sábado.

.

O estudantado de Ribeira conseguiu finalmente un espazo para o estudo durante as vacacións. Após fechárense na Biblioteca municipal para reivindicaren un horario máis amplo que permita estudar a mocidade do concello, tamén durante as ferias. 

Nunha xuntanza decorrida esta sexta feira (26 de decembro) o goberno local accedeu a abrir a biblioteca das segundas feiras a sextas de 9 a 15h e de 16 a 21h. E os sábados de 9 a 15h. Os días feriados, só en horario de mañá. 

A xuntanza coa equipa de goberno tivo lugar por volta das 14h onde un grupo de 10 estudantes se reuniron co segundo tenente de alcalde José Luís Martínez, Dolores Elorduy, tenente de alcaldía e a concelleira de cultura, Elvira Pisos. 

O estudantado de Ribeira amosouse "satisfeito" por teren conseguido o este compromiso municipal. Porén aseguran que non se tería producido de non se teren fechado a pasada segunda feira pois, lembran, através do BNG xa foron achegadas ao pleno diversas propostas de igual maneira que as máis de 300 sinaturas recollidas entre a veciñanza. 

Comentarios