CONVOCADAS POR TOURADAS FóRA DE PONTEVEDRA

Centos de persoas piden a fin das touradas en Pontevedra

Coincidindo co primeiro día de touradas en Pontevedra, centos de persoas manifestáronse polas rúas da cidade do Lérez para reclamar a fin da “barbarie taurina”.

[Imaxe: @adegaGz]
photo_camera [Imaxe: @adegaGz]

Pasadas as 20h saían da praza da Peregrina de Pontevedra centos de persoas, mozos e mozas na súa meirande parte, para protestar contra as touradas. Fixéronos convocados e convocadas polo colectivo Touradas Fóra de Pontevedra, que salienta que a loita antitaurina suma apoios cada ano.

A principal reivindicación de Touradas Fóra de Pontevedra pasa pola supresión do convenio de 45.000 euros asinado entre Concello de Pontevedra e a praza de touros, cuxa titularidade é privada. Este acordo ten por obxecto o aluguer das instalacións para poder ser empregadas, como cada ano, na Feira Franca. Para o colectivo trátase un “privilexio ao lobby taurino”. O Goberno local de Pontevedra, pola súa banda, insiste en salientar que nunca financiou as touradas.

Na marcha puideron escoitarse berros como “A tortura non é arte nin cultura” ou “Fóra touradas da nosa terra”.

Quen apoia a manifestación?

A organización subliña que nesta ocasión sumáronse cinco organizacións ás 90 que xa apoiaran a marcha no 2014. Así, Touradas fóra de Pontevedra informa de que se adheriron á manifestación un total de 95 entidades.

[Imaxe:@galizanova]Son Equo Galicia, Isca!, Asociación Cultural 105 Besos, APDR, Ceivar, Irmandade Druídica Galaica, Protectora Os Biosbardos, Coordinadora Protectoras Provincia de Pontevedra (ACOPO), Colectivo Nacionalista de Marín AC Almuinha, Causa Galiza, Gentalha do Pichel, Gatos en los Árboles, Esquerda Unida Pontevedra, Protectora de Animais Peludos sen Fogar , A.C. Amig@s da Cultura,Assembleia Feminista Galega, Anova Pontevedra, Amigos da Terra, Vox Ánima,: Distribuidora Anarquista Polaros, Antiespecismo Pontevedra, Liga Estudantil Galega , Xeira, Liceo Mutante, Marea Pontevedra, BNG, Adega, Igualdade Animal, Asociación E.D.D.A, Mulheres Nacionalistas Galegas, Galiza Nova, Solfabirras( banda de música), Lena Protectora de Animais, Galiza Contrainfo, PCPG, Refuxio de animais de Cambados, Partido da Terra, Verdegaia, Animales sin Fronteras, A Cova dos Ratos, Galicia, Mellor sen Touradas, Mocidade pola Abolición, Animalistas ao Concello, A Coruña Libre de Touradas, Cora Sayers (banda de música), Clínica Veterinaria Seixo Vet, Protectora Morrazo Pontevedra, Movemento Estudantil do Carballiño, Espazo Ecosocialista, Agir, Podemos Pontevedra, Os Palleiros, Pontevedra Fútbol Gaélico, Capitán Gosende, Antía Picón Despacho de Avogados, Asociación Cultural Deportiva Dorna Arousa, Asociación Cultural En Pé, Asociación Cultural Alén Nós, Protectora Arco da Vella, Atlético Fragas Atlético Estación, Asociación Cultural Os Chichisos, Centro Social Fuscalho, Vaipolorío, Fundaçom Artabria, Queremos Galego Marín, Vaipolorío, Gato Pirata Comité Pro Animal A Mariña, Que desilusión!, Asociación Animalista Libera, Refugio Noé Redondela, Briga, Asociación Abeiro, CIG, Matar por Matar Non, Colonias Canguesas, Marea Veciñal de Marín, Asociación Moura, SOS Animalia, Suevia Fútbol Gaélico, Torques Fútbol Gaélico, Afiadoras Fútbol Gaélico, Cascarilha Fútbol Gaélico, Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, Avante Morrazo, Ambilokwoi FG, Carcamáns FG, Liga Gallaecia,Gatocan, Asociación Cultural Festival das Brétemas, Proyecto Gato, Amigos da canceira de Poio, Protectora Vigo Mascotas e aPlataforma de Emigrantes Retornad@s de O Salnés.

Comentarios