DESALOXADO UN CáMPING E VARIAS CASAS DE CORRUBEDO

Catro incendios queiman máis de 100 hectáreas no que vai de semana

Corrubedo (Ribeiro), A Veiga, Vilar de Barrio e Oímbra sufriron esta fin de semana incendios forestais que queimaron máis de 100 hectáreas. O lume de Corrubedo provocou o desaloxo dun cámping e de varias casas dada a proximidade das lapas.

[Imaxe: El Buho 3]
photo_camera [Imaxe: El Buho 3]

Máis de 100 hectáreas de masa forestal arderon no que vai de fin de semana en catro incendios rexistrados en Corrubedo (Ribeira), A Veiga, Vilar de Barrio e Oímbra. No caso de Corrubedo, o lume causou unha grande alarma ao chegar as lapas perto dun cámping que tivo que ser desaloxado. Este incendio, no que traballan medios aéreos e terrestres, continúa activo mais controlado a estas horas e leva queimadas 35 hectáreas.

Amais do cámping, o incendio de Corrubedo obrigou a desaloxar varios veciños e veciñas das casas próximas ao incendio até que o lume remitiu nesa zona. As lapas tamén provocaron o corte ao tráfico da entrada a Corrubedo pola AC-303. Porén, a Consellaría de Medio Rural informa de que non foi necesario declarar o nivel de emerxencia dous.

Pola outra banda, esta madrugada quedaba extinguido o lume no Concello da Veiga que queimou 30 hectáreas. Outras 40 hectáreas arderon en dous incendios rexistrados en Vilar de Barrio e en Oímbra.

Comentarios