O BNG de Lugo protesta contra Inditex

O candidato nacionalista á alcaldía, Rubén Arroxo, amosa a súa oposición a que a Fundación Amancio Ortega constrúa unha gardería en terreos municipais.  

Integrantes da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Lugo concentráronse este sábado ante unha das tendas de Inditex na cidade para protestar contra a intención da Fundación Amancio Ortega de construír unha gardería en terreos municipais.

"Este home tería que pagar os seus impostos neste país e non explotar nas súas fábricas, e así poderiamos facer unha gardería pública", dixo o candidato do Bloque á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, para quen "este tipo de operacións son un engano para a xente".

Finalmente, o nacionalista cargou contra o PSOE, que goberna en Lugo, e o PP, que lidera a Xunta, por "colaborar para que este magnate poida eludir o pago dos impostos que lle corresponderían polos seus elevados beneficios".

Comentarios