'OBSERVATORIO CONTRA A VIOLENCIA DOMéSTICA', TSXG

Aumenta en Galiza o número de denuncias por violencia de xénero e de petición de ordes de protección

No terceiro trimestre presentáronse 1.349, un 1.5% máis que a respeito do mesmo período do ano anterior. O número de ordes de protección solicitadas incrementou nun 33%, até 447. Delas, 183 foron denegadas.

Cartaz Violencia machista
photo_camera Imaxe: GalizaContrainfo

O número de denuncias presentadas por violencia de xénero e a solicitude de ordes de protección aumentou en Galiza neste terceiro trimestre a respeito do mesmo período do 2014, segundo dados que vén de facilitar o Tribunal superior de xustiza de Galiza (TSXG). Neste terceiro trimestre de 2015 houbo 1.349 denuncias por violencia machista, un 1,5% máis que no terceiro trimestre de 2014.

No que atinxe ás ordes de protección solicitadas no noso país neses tres meses, a cifra disparouse un 33%. Pasouse das 335 peticións incoadas en 2014 a 447 no terceiro trimestre de 2015. Destas 447 peticións 264 (59%) foron adoptadas e 183 (41%) denegadas.

As estatísticas corresponden ao Observatorio contra a violencia doméstica ,que indica que o número de mulleres vítimas da violencia de xénero en Galiza foi de 9,39 por cada 10.000 mulleres. O 75,8% das persoas enxuizadas por este tipo de delitos foi condenada.

Comentarios