Arde a factoría de Freiremar en Vigo

O lume declarouse ao mediodía e ameazou a nave colindante de Conservas Albo que foi despexada. O incendio xa está controlado. 

Incendio en Freiremar
photo_camera Incendio en Freiremar

Esta segunda feira (3 de agosto) declarouse un incendio na planta de Freiremar sita na zona portuaria de Vigo. Aconteceu por volta do mediodía e a densa torre de fume é visíbel desde calquera punto da cidade. 

Segundo informaron fontes consultadas por Sermos Galiza as traballadoras da conserveira Albo, dúas centas, colindante a Freiremar, foron desaloxadas de urxencia sen poder recoller as pertenzas, perante o risco de que as lapas atinxan tamén este centro de traballo. 

Segundo a imprensa local as razóns do incendio poderían ter a ver cos traballos de rehabilitación da nave.

Arredor das 14h o lume foi controlado polos bombeiros. 

Comentarios