Afectad@s pola liña de alta tensión de Irixo acusan a Fenosa de mentir

A plataforma asegura que as razóns para non soterrar a obra son “económicas” e que queren exportar enerxía eléctrica.

Nun comunicado público, a Plataforma de Afectados da liña de alta tensión de Irixo-Lalón cargaron contra Fenosa, a empresa responsábel, á que acusan de mentir. 

“A única razón para non levar a liña de alta tensión soterrada pola N525 como pedimos, é económica. Porque a Lei tamén lle permite soterrala ó longo da N525. E recordemos que parte da liña de alta tensión Irixo-Lalín de132KV xa vai soterrada por dita vía”, afirmaron.

Nesta liña, desde a plataforma denuncian que o proxecto “entra dentro do proxecto de expansión da empresa Gas Natural Fenosa, e o seu fin último é o de exportar corrente eléctrica”.

Incendios

“Segundo pretende a empresa Gas Natural Fenosa elevar a liña pola fraga das Casas Vellas para minimizar a corta de árbores, minte, porque a posteriori, a Lei contra lumes forestais de Galiza obriga a ter pasos sen vexetación para este tipo de estruturas eléctricas. Polo tanto as podas que Gas Natural Fenosa tería que facer unha vez pasada a liña van ser podas polo pé,diga o que diga agora a empresa Gas Natural”, engaden.

Comentarios