NAVIA DE SUARNA E FOLGOSO DO COUREL

Unhas 630 hectáreas da Rede Natura, afectadas por dous incendios

Dous incendios en Navia de Suarna e en Folgoso do Courel afectan xa unhas de 630 hectáreas situadas en terreos da Rede Natura.

Incendio
photo_camera Incendio

Os incendios de Navia de Suarna e de Folgoso do Courel queimaron xa unas 630 hectáreas en zona da Rede Natura. Ademais, outro incendio orixinado en Padrenda arrasa 207 hectáreas do conxunto ecolóxico.

Segundo informou a Consellaría do Medio Rural e do Mar, tal e como recolle Europa Press, nos labores de extinción do incendio rexistrado ás 17,27 horas do sábado na parroquia de Ribeira de Navia de Suarna traballan un técnico, sete axentes forestais, 35 brigadas, 19 motobombas, unha pa, 10 helicópteros e seis avións.

Permanece activo o incendio forestal orixinado ás 19,18 horas do sábado en Folgoso do Courel. Nas tarefas de control participan dous técnicos, 11 axentes forestais, 29 brigadas, 18 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e catro avións.

Comentarios