Reunión de tradutor@s de software libre na Coruña

A Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre 'Proxecto Trasno' realizará a primeira asemblea ordinaria do ano o sábado 26 de Maio no Centro Ágora.
Computador

A asociación, xurdida no 2009 c@s tradutor@s do Proxecto Trasno, desenvolverá este sábado 26 de maio ás 13:30 horas no Centro Ágora a súa asemblea ordinaria. Desde a asociación fan un chamamento para a participación non só d@s soci@s senón de todas aquelas persoas que sendo localizador@s non forman parte da entidade. Ese mesmo día terá lugar a Trasnada 1.2, en sesión de mañá e tarde, onde se tratarán varios temas como a localización e a terminoloxía informática.

Entre os fins da asociación está localizar software libre ao galego

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que localizan software libre e realizan despois a tradución para o galego. O proxecto, nado en 2000, conta co tempo e o esforzo de voluntari@s. Tamén interveñen na elaboración de terminoloxía do eido das novas tecnoloxías. Os fins da asociación inclúen a promoción das iniciativas de localización, localizar software libre ao galego, dar recursos e ferramentas aos voluntarios que localizan o galego, contribuír para a lingua galega mediante a inserción desta no ámbito das novas tecnoloxías e representar a comunidade do Proxecto Trasno.

Máis en Ciencia
Comentarios