Chega o novo Galaxy S III de Samsung

Ten unha pantalla de  4,8 polgadas, potencia, rendemento e aforro enerxético.
Novo Galaxy S 3
photo_camera Novo Galaxy S 3

Como se esperaba, Samsung mostrou a nova xeración da gama Galaxy S, que destaca por contar cunha pantalla de super Amoled HD de 4,8 polgadas, un procesador de catro núcleos Exynos de 1,4 GHz, que promete potencia, rendemento e aforro enerxético. O Samsung Galaxy S III chega con Android Ice Cream Sandwich e posibilidades NFC.

No primeiro trimestre deste ano Samsung conseguiu superar a Nokia como primeiro fabricante mundial de dispositivos móbiles e quere seguir por esta camiño. Samsung conseguiu vender, só no primeiro trimestre deste ano, 93,5 millóns de dispositivos, 44,5 millóns de 'smartphones'. Precisamente ese segmento do mercado, o dos 'smartphones', é no que Samsung conseguiu destacar nos últimos anos.

Máis en Ciencia
Comentarios