Quince compañías de monicreques presentan espectáculo en Compostela

Concello e Deputación deixan en mínimos o Festival Internacional de Títeres Galicreques 2012. No programa compañías españolas, de Eukadi, Països Cataláns, Polonia e Arxentina
Galicreques 2012
photo_camera Galicreques 2012

A Cultura está a ter verdadeiros problemas de subsistencia en Compostela. O Festival Internacional de Títeres Galicreques da capital de Galiza celebra dezasete anos aportando o mellor dos espectáculos de monicreques a nivel nacional e internacional. Este ano reduce orzamento polos recortes do concello e da Deputación da Coruña. Para esta ocasión, co esforzo da organización, prepaouse un programa de 44 funcións, tres exposicións e dous cursos de dramaturxia. Como nota positiva a incorporación ao teatro Principal doutro novo espazo da cidade: a Zona C.

As compañías participantes, ademais das nacionais, virán do Estado español, Euskadi, Valencia, Arxentina e Polonia. Como actividade paralela até o 7 de outubro pódense visitar tres exposicións. Na Galería Sargadelos sitúase a que leva por nome "China e o seu entorno" sobre o teatro de sombras e na sede da SGAE haberá outra sobre "Teatriño de papel", con máis de 140 teatros de toda Europa. Por último a Biblioteca Ánxel Casal mostrará a titulada "Poesía de títeres".

Máis en Artes Escénicas
Comentarios