O programa 'Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación' en Lugo comeza con circo e Chévere

A edición deste programa cultural de verán conta nesta edición coa novidade de Cine Social na que colabora o Fondo Galego de Cooperación.
Circo Claxon
photo_camera Circo Claxon

A quinta edición do programa “Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación”, posto en marcha pola área de Cultura da Deputación de Lugo, desenvolverase as segundas, terzas e quintas feiras dos meses de xullo e os primeiros de agosto. As actuacións para as crianzas terán lugar os Mércores Miúdos, ás 18:30 horas, comezando o vindeiro día 4 de xullo coa “Revolución Industrial”, do Circo Claxon, e os Xoves de Cultura Aberta, para todos os públicos, terán lugar ás 21:00 horas e arrancan o 5 de xullo con Chévere.  Ademais actuarán en Lugo neste programa Carlos Blanco, Quempallou, Os Festicultores e o Mago Martín Varela.

Este ano a novidade na programación introduce os Martes de Cine Social, que comezan mañá, 3 de xullo, coa proxección de 14 quilómetros, no salón de actos da Deputación. Este ciclo de cine, no que se proxectarán películas ao redor de problemáticas da sociedade actual, desenvólvese coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación.

Máis en Artes Escénicas
Comentarios