CGAC e Museo do Pobo Galego compartiran actividades no Parque de Bonaval de Compostela

Bonaval na actualidade é parque, mais foi horta, cemiterio e incluso campo do cadafalso. Un espazo singular que aproveitarán no mes de xullo os dous museos para interpelar á cidadanía. María Meijide e Celso Fernández Sanmartín recrearán en varias sesións para todas as idades as múltiples interpretacións deste recuncho de Compostela.
CGAC e Museo do Pobo Galego
photo_camera CGAC e Museo do Pobo Galego

O traballo conxunto dos servizos educativos de CGAC e Museo do Pobo Galego queren aproveitar sinérxias e esforzos comúns e traballar en conxunto. Aproveitando un espazo tan característico da cidade como é o Parque de Bonaval, de cara a este mes de xullo propoñen catro obradoiros. A actividade, co nome de "Narrativas do Parque", ten unha dobre orientación: achegar os dous espazos museísticos ao público e pór en valor o espazo excepcional que forman as dúas institucións e o parque de Bonaval. Como encargad@s de levar adiante a idea están o narrador e poeta Celso Fernández Sanmartín e a artista María Meijide.

Os obradoiros están deseñados para todos os públicos, tanto maiores como crainzas


Os obradoiros comezarán o vindeiro 9 de xullo. Deseñados para todos os públicos, tanto maiores como crianzas, este primeiro e o 10 de  xullo está dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos; o segundo, o 16 e 17 acollerá a público familiar (nenos/as a partir de 8 anos). Haberá dous máis para persoas adultas e para persoas usuarias dos centros de maiores o 23 e 24 e o 30 e 31 de xullo.    

Música no Museo do Pobo Galego
O Museo do Pobo Galego ofrece, ademais, dúas actividades máis neste mes. O 12 de xullo “O remuíño que se fixo escaleira” dará a oportunidade a grandes e pequenos de visitar o Museo a través do descubrimento e “Enredos Musicais” co luthier Oli Xiráldez, abrirá as posibilidades sonoras de elementos como as noces, o sedal ou as canas. A inscrición para “Narrativas do Parque” como para as outras dúas actividades faise no propio Museo do Pobo Galego

Máis en Artes Escénicas
Comentarios