As curtas gañadoras de Cans proxectaranse no Liceum

A mítica sala porriñesa acolle a sesión que pon peche ao festival coas curtametraxes gañadoras e os videoclips que levaron galardón no concurso Vclips.
Fotograma de Dúas Letras

O Bar Liceum do Porriño, como vén sendo habitual, acollerá hoxe unha sesión de cinema coas seis curtametraxes gañadoras do IX Festival de Cans: Mr Bear,
dirixida por Andrés Rosende, que gañou o premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción; Dúas letras, dirixida por Eloy Varela, que acaparou o premio do xurado dos veciños e o premio do público á mellor curta de ficción, así como o premio á mellor actriz para Teresa Fraga; O xigante, dirixida por Luis Matta e Julio Vanzeler, que levou o premio do xurado á mellor curta de animación; El club del bromista, dirixida por Luis Usón, que obtivo o premio do público á mellor curta de animación; Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez, que se fixo co premio á mellor interpretación masculina para Luis Zahera; e El baile maldito, escrita por Rafa de los Arcos e Miguel Ángel Blanca, que gañou o premio do xurado ao mellor guión.

Tamén se proxectarán os videoclips gañadores do concurso VClips: “Puerto del sonido”, de Mullet, realizado por Rubén Domínguez, que levou o premio do xurado; e “Desequilibrios”, de Baldosa Amarilla, realizado por Tomás Martínez, que obtivo o premio do público. 

A cita será ás 22:00 horas. O prezo das entradas é 2 €, gratis para @s soci@s do Liceum.

Máis en Artes Escénicas
Comentarios