Xurxo Lobato leva o seu 'No País das Vacas' a Lugo

Coincidindo coas festas da cidade a exposición poderase ver até o 30 de outubro na rua da Raiña.
No País das Vacas de Xurxo Lobato
photo_camera No País das Vacas de Xurxo Lobato

Un dos símbolos de Galiza, o animal máis presente na nosa cultura e do que máis se falou pola súa importancia económica doméstica e a grande escala foi e é a vaca. Hai uns anos chamou a atención do fotógrafo Xurxo Lobato quen realizou unha extensa reportaxe fotográfica, a modo de homenaxe, sobre o papel que representou e representa no noso país. 450.000 vacas en 14.000 granxas que producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano son cifras que falan do seu peso algo máis ca simbólico. Lobato introduce o seu obxectivo nas múltiples realidades e na evolución das explotacións que derivou na súa desaparición nalgunhas zonas do país.

Xurxo Lobato realizou unha extensa reportaxe fotográfica a modo de homenaxe

A exposición "No País das Vacas" xa pasou polo museo do Pobo Galego en Compostela, a Semana Verde de Galiza en Silleda, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Vigo, A Coruña ou Pontevedra. Agora chega a Lugo con 132 fotografías instaladas en paneis e con textos de escritores, gandeiros, empresarios e xornalistas, cada unha cunha historia singular do seu ámbito. Así falan desde Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Rivas e Ramón Villares, até Rosalía Mera, Felipe Senén e Flavio Morganti. Ademais da creativide do propio Lobato atoparemos unha completa representación da vaca a través da obra doutr@s artistas da Galiza.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios