Trespés gaña o Premio A+ de Arquitectura Efémera

A Área de compostaxe no Campus da Zapateira, A Coruña, recibiu o galardón na gala dos Premios de Arquitectura Plus 2012. Noutras áreas quedaron finalistas o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo de Jacobo Bouzada e a rehabilitación y ampliación centro recursos personas discapacidad en Silleda (Pontevedra) de Arrokabe Arquitectos
Área de compostaxe no Campus da Zapateira da UDC A Coruña
photo_camera Área de compostaxe no Campus da Zapateira da UDC A Coruña

A arquitectura galega continúa a ter recoñecementos e premios. Un dos últimos foi na gala dos Premios Arquitectura Plus 2012, organizada polo Grupo Via, onde máis de 150 arquitectos optaban a varias áreas. Como finalistas quedaron tres estudos de arquitectura galegos: Jacobo Bouzada de Madrid, Arrokabe Arquitectos de Compostela e Trespes Arquitectos da Coruña. No caso do estudo compostelán quedou finalista en dúas categorías para o mesmo proxecto e no da Coruña foi o máis afortunado ao levar o galardón.

A importancias destes premios relaciónase co propio sistema de elección dos premiados. Foi o mesmo público profesional quen elixiu dunha forma interactiva e participativa ao vencedor de cada unha das categorías. Previo á ceremonia, un xurado seleccionou aos tres finalistas de cada unha das categorías así e outorgou o Premio A+ á mellor traxectoria profesional. Este ano foron 163 proxectos presentados ás diferentes categorías.

O proxecto galego gañador empregou madeira de piñeiro como material que logo pasaría a incorporarse ao proceso de compostaxe


Área de compostaxe na Zapateira
O proxecto galego gañador, a ärea de Compostaxe na Zapateira, foi un proxecto realizado ao abeiro das actividades en prol da sustentabilidade que a UDC (Universidade de A Coruña), através do Vicerreitorado de Infraestruturas, levou a cabo nos seus Campus. A idea consistiu nunha instalación dunha Área de compostaxe que transforme en ”compos” os residuos orgánicos orixinados nas cafetarías das facultades do Campus da Zapateira.

A encomenda de realizar unha instalación que aloxe, de xeito temporal, a maquinaria e apeiros necesarios para a transformación da materia orgánica, plantexouse como unha "instalación" na que se empregan táboas de madeira de piñeiro ao xeito dos tradicionais secadoiros de madeira. Á madeira non se lle aplica ningún tratamento de protección química coa intención de poder ser incorporada ao proceso de compostaxe no momento no que a vida útil da instalación chegue a seu fin.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios