O proxecto de recuperación dos castros de Oia acada 10.000 euros a través de crowdfunding

A campaña de micromecenado do proxecto Costa dos Castros acadou o seu obxectivo de 10.000 euros para financiar intervencións arqueolóxicos en Oia, concretamente no castro de Chavella e no petróglifo de Auga dos Cebros, así como a creación dun arboreto en Mougás.

costadoscastros
photo_camera Proxecto Costa dos Castros

A campaña de micromecenado presentouse en xullo para apoiar o patrimonio arqueolóxico e natural de Oia, da man de catro Comunidades de Montes deste municipio. Catro meses, 90 colaboradores e máis de 10.000 euros despois, a comunidade da Costa dos Castros está de celebración.

A campaña chegou a fogares de todo o mundo, desde Estados Unidos a Escocia e Inglaterra, pero a comunidade virtual creada en torno ao proxecto Costa dos Castros chega a moitos máis países.

En apenas seis meses de vida Costa dos Castros é un proxecto plenamente consolidado. Neste tempo fixéronse tres actuacións arqueolóxicas (nos castros de A Cabeciña, Cano dos Mouros e Chavella), pero tamén presentouse unha cervexa propia para promover o proxecto, superáronse as 500 visitas guiadas nun mes no castro da Cabeciña, promoveuse un intercambio cultural coa Universidade de Portland; organizouse un ciclo de charlas divulgativas, visitas esclolares e actividades para os veciños, etc.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios