Os viños de Vilaboa prepáranse para a DO 'Rías Baixas'

Do 24 ao 26 de maio o concello pontevedrés celebra a II Mostra deste produto para se promocionar de cara a conseguir o selo de calidade


O viño das ladeiras de Vilaboa volve estar de festa. Do 24 ao 26 de maio o concello pontevedrés celebra a súa II Mostra, un escaparate concebido para promocionar o líquido de Baco de cara a conseguir que sexa incluído na Denominación de orixe 'Rías baixas', para alén de dar a coñecer o produto e a zona en que se colleita. 

A reestruturación dos viñedos produciuse desde o 2000, cortando híbridos para plantar castes autóctonas que no seu día tiveron unha presenza dominante no lugar, convertendo o viño no produto local que máis superficie de cultivo ocupa: até 232 hectáreas.

Durante os tres días da primeira mostra foron máis dun milleiro as persoas que se achegaron até Vilaboa para partillar unha copa e gozar da hospitalidade da veciñanza.

Desta volta, o concello volve abrir as súas portas nunha fin de semana en que non faltará tampouco a boa comida, amenizada pola música tradicional.


Programa de actividades

Venres 24

Apertura das casetas de 19h a 22h
Ás 19.30h, pregón de Celso Parada (actor e director teatral do Morrazo. Interpreta a Freire na serie galega Libro de Familia)
Animación a cargo do grupo de gaitas da Asociación Cultural Cobres

Sábado 25

Pola mañá, apertura de casetas de 11h a 14h
Animación do grupo de gaitas da Asociación “A Canteira” de Paredes
Pola tarde, apertura de casetas de 19h a 22h
Animación do grupo de música tradicional “Airiños da Fracha”
Concurso de cata entre os viños participantes 

Domingo 26

Apertura de casetas de 11h a 14h
Ás 13h, entrega dos diplomas aos viticultores gañadores
Animación a cargo do grupo de gaitas da Asociación Cultural Cobres

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios