Os 'Mestre Mateo' tamén critican os recortes

A longametraxe 'Doentes' e a peza de animación 'Engurras' foron as grandes triunfadoras dos Premios. @s galardoad@s solicitaron apoio ás institucións públicas.
Imaxe de 'Doentes'
photo_camera Imaxe de 'Doentes'

A gala de entrega dos 'Mestre Mateo' desta edición estivo repleta de discursos reivindicativos no propio guión de Ángel de la Cruz, interpretado pola presentadora María Castro, e nas palabras das e dos profesionais que participaron. Unhas 900 persoas presenciaron o espectáculo que foi retransmitido pola TVG. Un dos momentos máis importantes da celebración foi cando a María Castro se achegou a Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e sentada nas pernas do presidente da Academia, Antonio Mourelos, regalou ao político do PP unhas tesoiras “por se quería facer algún recorte máis”.


Reivindicacións

A maioría das persoas galardoadas coincidiron en solicitar ás institucións públicas que "sigan apoiando a produción propia", posto que, como indicaron, o "audiovisual é un sector estratéxico que xera moitos postos de traballo e sentido de país". Antonio Mourelos, presidente da Academia, sinalou que o audiovisual galego "está cansado de ir de despacho en despacho" para dicir que é un sector "importante que dá traballo a moita xente".

Pola súa banda, Dores Ben, premio de honra Fernando Rey deste ano, agradeceu o recoñecemento e destacou que supón un estímulo para seguir traballando". Para Ben "o audiovisual é un sector estratéxico, cheo de xente nova e con talento, que son o futuro", e considerou que se debe facer "unha política audiovisual clara e consensuada co sector para podermos superar a situación actual". 

Galardoados
A longametraxe 'Doentes' e a peza de animación 'Engurras' foron as grandes triunfadoras dos Premios Mestre Mateo 2012 ao acadaren cinco galardóns cada unha nunha gala cos premios moi repartidos. @s participantes coincidiron ao reivindicar que, a pesar da crise, a cultura importa. A serie 'Matalobos' levou catro premios, o documental 'Tralas luces' outros tres, cifra de galardóns que tamén recaeu na película para televisión 'Condesa Rebelde'. A listaxe de gañadoras e gañadores é a seguinte:


Gañador@s
Longametraxe de ficción
Doentes (Filmanova Invest S.A.U., Zircozine, TVG e R)
Dirección de produción
Enrique Batet(Doentes)
Dirección de fotografía
Suso Bello- A.E.C. (Doentes)
Interpretación masculina protagonista
Antonio Durán "Morris" (Doentes)
Dirección artística
Paco Roca (Engurras)
Alexandra Fernández (Doentes)
Longametraxe de animación
Engurras (Perro Verde Films S.L., Cromosoma S.A. Elephant In The Black Box e TVG)
Son
Diego S. Staub, Carlos García, Miguel Barbosa  (Engurras)
Música orixinal
Nani García (Engurras)
Guión
Ángel De La Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca, Rosanna Cechinni (Engurras)
Serie de televisión
Matalobos (Voz Audiovisual S.A.U. e TVG)
Interpretación feminina de reparto
Camila Bossa(Matalobos)
Interpretación masculina de reparto
Antonio Mourelos  (Matalobos)
Realización
Marta Piñeiro, Judas Diz (Matalobos)
Obra publicitaria
Colección de cortiniñas  (TVG-Abano Producións S.L.)
Curta de animación
El club del bromista  (Luís Usón e Usón Studio)
Curta de ficción
As damas negras (Sonia Méndez e Oroboro Films)
Obra experimental
De amor e cantería (Píxel Films e Fundación Manuel María)
Montaxe
Sandra Sánchez E Nahum C. Fiuza (Tralas Luces)
Mellor documental
As silenciadas (Mr Misto Films S.L)
Programa de televisión
Zigzag Diario (TVG)
Obra interactiva
Area fai seis (Instituto Galego De Consumo (Igc), Editorial Galaxia, Ánxeles Abelleira e Moonbite)
Longa documental
Tralas Luces(Tic Tac Producciones en coprodución con Lagarto Cine, Ukbar Filmes e TVG)
Comunicador de televisión
Roberto Vilar (Land Rober)
Dirección
Sandra Sánchez (Tralas Luces)
Película tv
Eduardo Barreiros, O Henry Ford Galego (Continental Producciones, Salero Films e TVG)
Maquillaxe e perruquería
Mara Collazo, Chicha Blanco(Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)
Deseño de vestiario
María Gil  (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)
Interpretación feminina protagonista
Susana Dans (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios