A ‘Mámoa do Tesouro’, novo achado arqueolóxico en Foz

Está no Sisto, parroquia de Cordido, e é, segundo Mariña Patrimonio, un dos de maiores dimensións existentes nesta comarca de Lugo. A Dirección Xeral de Patrimonio vén de incluíla no inventario de xacementos.

mariña patrimonio foz
photo_camera Zona do Sisto

A Dirección Xeral de Patrimonio inclúe no inventario de xacementos arqueolóxicos a Mámoa do Tesouro. O Túmulo do Tesouro, situado no lugar do Sisto, parroquia de Cordido, Foz. Un paso que a administración deu após recibir unha nota de Mariña Patrimonio informando da existencia desta mámoa. Patrimonio enviou uns técnizos até a zona sinalada, onde comprobaron que a “existencia dun xacemento tipo cúmulo”.

Mariña Patrimonio afirma que é un dos de maior dimensións da Mariña. Conserva unha gran altura e un diámetro de 25 metros. Ten un cono de espoliación de 1,75 metros de profundidade e non se aprecian os chantos da cámara.

O Tesouro de Cordido está “afectado por unha repoboación de eucaliptos”,embora á súa “monumentalidade e a que a localización e identificación son moi doadas, reúne as mellores condicións para presentalo como exemplo do megalitismo en Foz”.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios