Lectura pública contra o peche da Biblioteca de Caja Madrid en Compostela


Cidadáns de Compostela reuníronse hoxe diante da Biblioteca de Caja Madrid para protestar polo seu peche. Realizaron unha lectura de textos propios e alleos cun marcado carácter reivindicativo.
Suso de Toro na protesta contra o peche da Biblioteca de Caja Madrid

Compostela reaccionou diante da noticia do peche do único centro sociocultural en Galiza de Caja Madrid, hoxe Bankia. Unha convocatoria cívica reuniu a cidadáns molestos polo que será outro ataque máis do sector financeiro ao mundo da cultura.

Entre as persoas participantes algunahs caras coñecidas como a do escritor Suso de Toro quen dixo que "Un dos primeiros pasos para darlle oportunidades ás persoas é a escola pública e a porta aberta das bibliotecas. As bibliotecas gardan todo o necesario para sermos cidadáns libres". Na súa lectura afirmou que sabemso que é "certo que cambiou e está a cambiar o mundo, hoxe a información corre por moitos lugares mais as bibliotecas non só o lugar onde procurar o disfrute de cultura que alimente a nosa vida persoal, senón tamén nun lugar de encontro, un centro de vida cívico. Unha biblioteca que se cerra é un ben público que se lle quita a cidadanía. Estamos a perder cousas de máis, estannos a quitar cousas de máis". Rematou cunha petición precisa para a sociedade compostelá:  "a esta mesma cidade que é unha cidade franca coas portas abertas estanlle a quitar liberdade e cultura sen medo. Sen medo digamos que queremos portas abertas e bibliotecas abertas".

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios