Expert@s internacionais debaten en Compostela sobre turismo e patrimonio

Compostela convértese estes días en lugar de referencia no debate turístico. Recoñecid@s especialistas da área no ámbito internacional tomarán parte dun congreso promovido pola European Journal of Tourism.

O congreso, ao redor do turismo en Europa,  terá lugar na facultade de Xeografía e Historia nesta cuarta e quinta feira. Será a primeira edición dun encontro entre destacad@s investigadores/as do sector que se repetirá cada dous anos. A escolla de Compostela para a súa celebración sitúa á cidade nun lugar de relevo para o debate sobre turismo.

Ao longo de dous días, destacad@s especialistas do sector intercambiarán coñecementos en Compostela. Entre eles, John Eade, da Universiade de Roehampton; Mike Robinson, da Universidade de Birmingham; Noga Collins, da de Haifa; Anna Trono, de Salento; Mariá Santos, do Instituto Politécnico de Leiria ou Fiorela Daralli, da Universidade de Boloña.

A riqueza do patrimonio cultural europeo, xunto á súa primacía no mercado turístico, son os alicerces dos que parte a idea de convocar á comunidade científica á reflexión conxunta nesta área. Os principais temas que abordará xiran ao redor de cuestións como o turismo relixioso, a relación do turismo co patrimonio cultural e natural ou  as estratexias de marca para para o turismo cultural e relixioso.  
 
O evento promovido pola European Journal of Tourism está a ser organizado nesta súa edición inaugural polo Centro de Estudos Turísticos daUSC en colaboración co Instituto Politécnico de Leiria e a Universidade de Salento.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios