Ollada de oito fotógrafas sobre As Atochas

O Mentireiro, un local que acaba de abrir no número 12 da rúa Beiramar, na Coruña, acolle a mostra "As Atochas resiste!", unha perspectiva colectiva e feminista do maltratado barrio da cidade.

Imaxe da mostra 'As Atochas resiste!', do grupo Mulheres e Fotografia
photo_camera Imaxe da mostra 'As Atochas resiste!', do grupo Mulheres e Fotografia

A exposición inaugúrase esta terza, 21 de agosto, ás 20.30, "con cachelos, polbo e surpresas…". Nela, oito mulleres, a partir dun obradoiro que tivo lugar no mes de xullo, desenvolveron as súas olladas sobre o barrio coruñés das Atochas. O grupo 'Mulheres e Fotografia' achega "micropaisagenes dos espaços degradados, prédios em ruinas junto a construçoes de última ordem, mulheres maiores, bares antigos, pintadas, praças impessoais junto a recunchos cheios de personalidade".

A escola de verán de fotografía para mulleres, co lema "Troca o medo por curiosidade!", serviu para achegar coñecementos técnicos e empoderar as mulleres que participaron nel. A través de tres sesións, os sábados 14, 21 e 28 de xullo, aprendeuse a ollar imaxes e construíren as propias, coñecementos de fotografía, e a particularidade das imaxes de mulleres ou feitas por mulleres, desde unha perspectiva feminista.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios