A Tradescola de Lugo achéganos a tradición de Piornedo

Esta semana a Tradescola organiza, en colaboración coa Asociación Cultural O Teixeiro, unhas xornadas para coñecer as tradicións que perviven na zona de Piornedo. Con estas xornadas, preténdese dar a coñecer e contactar coa xente que nos legou e nos está a legar as tradicións da zona.
Piornedo na Tradescola

Coa palestra “Piornedo, Pasado Vivo”, a cargo de Isolina Rodríguez (responsábel da Palloza Museo de Piornedo) déronse a coñecer os costumes, as festas, as xentes e as tradicións que seguen vivas en Piornedo. Na conferencia estivo  acompañada de Xabier Iglesias (mestre de baile da Tradescola) que logo fixo unha demostración dos distintos bailes soltos dos Ancares. Ao remate tivo lugar o obradoiro de bailes soltos dos Ancares, no que Xabier ensinou estilos e bailes da zona a todos os participantes.

O vindeiro sábado terá lugar a polavila en Piornedo, onde se terá a oportunidade de compartir vivencias con bailadores e músicos da zona.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios