'N-VI' de Pela del Álamo premio do público e mención do xurado en Cádiz

O realizador compostelán presentará tamén o seu traballo no Festival de Cinéma de Toulouse e no Festival de Cine Independente de Barcelona. Quere repetir estrea en Galiza, mais na pantalla grande.
Pel del Álamo, primeiro pola esquerda
photo_camera Pela del Álamo, primeiro pola esquerda

A cinta de Pela del Álamo, estreada hai uns meses en Galiza, tivo unha moi boa acollida no Festival Alcances de Cádiz. Realizado co apoio do Festival Play-Doc e da desaparecida Axencia Audiovisual Galega, o documental xa pasou polo Festival de Málaga e polo Documenta de Madrid. Nesta ocasión o recoñecemento veu por parte do público e cunha mención especial do xurado de Cádiz. O documental continuará o seu percorrido polos festivais de Toulouse e Barcelona.

Unha das intencións do director e volver a Galiza para que a estrea do seu documental sexa na pantalla grande. “Hai que seguir traballando para facer chegar a película ao maior número de espectador@s posible”, asegurou del Álamo. O director de “A Cuarta Pista” (2006), finalista do Doc'Amateur 06 organizado por Canal +, espera que a estes primeiros premios lles sigan outros.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios