Womex chega ao final da súa edición compostelá, a máis concorrida dos últimos anos

O Festival de músicas de carácter global bateu marcas de asistencia en Galiza e se pecha coa entrega de premios ao selo Glitterbeat e a Mario Lúcio Sousa e a fadista portuguesa Mariza. 

Ed Motta
photo_camera Ed Motta

Após cinco días, chega ao seu final a edición do Womex 2014 que tivo lugar en Compostela cun importante eco. Participaron 2.400 delegado@s (+6,66% que a anterior edición) e 1.470 empresas (+16,66%) de 90 países e unha feira con 668 exhibidores de 47 países e un récord  de 280 stands (+12%). 

Este domingo pecharase a edición cunha cerimonia de entrega de Premios que serán para o selo alemán Glitterbeat e @s artistas Mario Lúcio Sousa (Cabo Verde) e Mariza (Portugal). Para a organización, o balance do Womex “non pode ser máis positiva. Ademais de que fora edición con máis asistencia de delegados dos últimos cinco anos, cumpríronse os obxectivos estratéxicos marcados. Confirmouse Womex como unha ferramenta de transformación tanto para a cidade como para o sector musical galego e a forza de Compostela como un escenario e punto de encontro internacional”, asegurou a organización nunha nota de prensa.

Máis en Ao vivo
Comentarios