xoves 21/10/21

E volve... O Revenidas!

Banda Bassotti, La Raíz, Familia Caamagno, Zoo, Kasernarat e Swindigentes son algunhas das máis de 30 bandas que compoñen o cartaz do festival.

Revenidas

O Revenidas conságrase como un dos festivais de referencia do verán galego. Nesta edición, á tradicional sardiñada popular, súmase un cartaz con máis de 30 bandas entre as que se atopan Banda Bassotti, La Raíz, Familia Caamagno, Zoo, Kasernarat, Swindigentes, O Leo Arremecaghona ou Fanfarria Taquikardia. 

Após congregar arredor de 10 mil persoas o pasado ano, segundo a organización, os vindeiros 21, 22 e 23 de agosto Vilaxoán volverá tornarse no epicentro festivaleiro para xentes de toda a Galiza. 

Os bonos con entradas para os 3 días comezarán a comercializarse a partir do 24 de xullo e venderanse a 25 euros como prezo inicial.  

A organización disponibiliza toda a información no seu portal web. 

comentarios