CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

The Hellbuckers: Won't be Long

Single dunha banda de soul rock con baños atlánticos onde destaca a incríbel voz de Carla Figueredo e uns músicos rodados que demostran coñecemento do terreo. 

HELL-crop
photo_camera Hellbuckers

Se o nome de Hellbuckers pode soar novo, os seus membros non o son para nada no mundo da música. Esta banda de soul rock con baños atlánticos, naceu da unión dos cedeirenses “Los Eternos” coa artista multidisciplinar Carla Figueredo. O resultado é unha potente combinación de soul rock atlántico.

Los Eternos, cuxo sinal de identidade musical é o country rock, co que se deran a coñecer no seu primeiro álbum “Back in The Road” (Warner Music // Miña Terra Galega, 2010), asociarónse en 2013 coa lenda do rock australiano Chris Masuak (Radio Birdman, The Hitmen, Screaming Tribesmen, New Christ ) co que editaron “Another lost weekend” (H Records, 2013) explorando unha faceta mais pop rock.

Chega agora “Won't be long” (H Records, 2014) un single de 7” a color que inclúe “Won't be long” na súa cara A. Unha versión do mítico tema de Aretha Franklin , ou mellor dito, unha adaptación que levan ao seu terreo e fusionado coa incríbel voz de Carla funciona á perfección, tomando personalidade propia.

A cara B do vinilo é “Roll with the punches”, outra adaptación, esta vez do tema da dama do blues de Louisiana, Carol Fran. As diferenzas cao orixinal saltan ao primeiro intre. Non hai ventos, as guitarras están máis saturadas, o tempo é máis rápido e a voz inconfundíbel voz de Carla remata á criatura.

Non é un single de versións, como puidera parecer a simple vista, se non unha “re­creación” das cancións que, sendo recoñecíbeis, teñen esa personalidade propia de soul rock atlántico que lle dan The Hellbuckers

The Hellbuckers: Won't be long (H Records, 2014. Single Vinilo 7' a 45 rpm)

Cara A

Won't be long

Cara B

Roll with the punches

VINDEIROS CONCERTOS

23 xaneiro – FORUM CELTICUM (O Burgo)

30 xaneiro – SALA KARMA (Pontevedra) + The Soul Jacket

31 xaneiro – SALASON (Cangas) + The Soul Jacket

6 febreiro – SALA DUBLIN (Carballo) + The Soul Jacket

7 febreiro – CASA TOMADA (A Coruña) + The Soul Jacket

THE HELLBUCKERS "Won't Be Long" Video Oficial

http://youtu.be/jzOB8bL415o

The Hellbuckers na rede:

Facebook: www.facebook.com/thehellbuckers.  

Máis en Ao vivo
Comentarios