Springsteen, en São Paulo, homenaxea Raúl Seixas: "Viva a sociedade alternativa"

Raúl Seixas. Un dos grandes do rock brasileiro, val dicer, do rock cantado na nosa lingua, o galego-portugués. Viva a Sociedade Alternativa. Un himno. Un dos seus clásicos. E quen o recupera agora, en São Paulo? The Boss.

Bruce Springsteen São Paulo
photo_camera Bruce Springsteen São Paulo

Chega ao seu fin a mini-xira de Bruce Springsteen por Latinoamérica. Após tocar en Santiago de Chile (12 de setembro) e de facer o propio en Bos Aires (14 de setembro), o chefe chega ao xigante lusófono, ás súas dúas megalópoles. Primeiro São Paulo, 18 de Setembro. Este sábado 21 de setembro é a quenda de Rio de Janeiro. Sesentón incombustíbel, Sprinsgteen zumega vitalidade, évos un monstro sobre o palco. A banda da rúa E está máis eléctrica do que nunca, embora xa non estexa entre nós The Big Man, o inesquecíbel Clarence Clemons.

Springsteen sempre sabe onde está tocando. En Galiza fala galego. En Santiago de Chile, lembra a Víctor Jara. En Bos Aires, canta Sólo le Pido a Dios, que a guerra non lle sexa indiferente [aínda que á hora da verdade, o Boss respalda sen fendas ao emperador guerrero Barack Obama, contradicións do cantor de New Jersey, sen dúbida un dos heroes da working class estadounidense].

E que fai de especial en São Paulo? Pois nada máis e nada menos que homenaxear Raúl Seixas, un dos vultos imprescindíbeis do rock and roll brasileiro, infaustamente desaparecido de forma prematura (1945-1989). Chamado o Pai do Rock Brasileiro -tambén Maluco Beleza-, Seixas deixounos un mangado de cancións-himnos incontornábeis, entre as que desde logo está "Viva a Sociedade Alternativa". Foi esa xusto a que Springsteen ofereceu como presente á súa entregada freguesía brasileira.

Velaquí a letra:

Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
(Viva! Viva!)
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
(Viva O Novo Aeon!)
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
(Viva! Viva! Viva!)
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa...

Se eu quero e você quer
Tomar banho de chapéu
Ou esperar Papai Noel
Ou discutir Carlos Gardel
Então vá!
Faz o que tu queres
Pois é tudo
Da Lei! Da Lei!
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa...

"-Faz o que tu queres
Há de ser tudo da Lei"
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
"-Todo homem, toda mulher
É uma estrêla"
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
(Viva! Viva!)
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
Han!...

Mas se eu quero e você quer
Tomar banho de chapéu
Ou discutir Carlos Gardel
Ou esperar Papai Noel
Então vá!
Faz o que tu queres
Pois é tudo
Da Lei! Da Lei!
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa...

"-O número 666
Chama-se Aleister Crowley"
Viva! Viva!
Viva! A Sociedade Alternativa
"-Faz o que tu queres
Há de ser tudo da lei"
Viva! Viva!
Viva! A Sociedade Alternativa
"-A Lei de Thelema"
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
"-A Lei do forte
Essa é a nossa lei
E a alegria do mundo"
Viva! Viva!
Viva A Sociedade Alternativa
(Viva! Viva! Viva!)...

 

 

E esta é a versión que Bruce Frederick Joseph Springsteen (quen, por certo, cumpre esta segunda feira 64 anos) deitou no palco de São Paulo:

Máis en Ao vivo
Comentarios