Soziedad Alkohólika actuou en Pontevedra malia o intento de censura policial

A banda vasca abriu con éxito a programación musical das festas co apoio do goberno local despois de que diversas organizacións como o SUP intentaran evitar que tocaran ao estar en contra do contido das súas letras, de carácter moi crítico co sistema.

O Concello de Pontevedra, gobernado polo BNG, mantivo o concerto de Soziedad Alkohólika, que se celebrou este sábado, dentro das as Festas de Peregrína e malia a protesta de grupos relacionados coa policía, que intentaron censurar o recital da banda vasca de hardcore por non compartir o contido de moitas das súas letras -moi críticas co sistema- ás que acusan, como adoito nestes casos, de “fomentar a violencia”.  

O SUP chegou a cuestionar "a calidade da xente que acuda a ese concerto"

A que pesar de que Soziedad Alkohólika, tamén coñecidos como S.A. foi absolta polo Tribunal Supremo de anteriores acusacións de enaltecemeento do terrorismo, para José Freire, do Sindicato Unificado de Policía, "as súas letras son delitivas", á vez que cuestionou a calidade artística do grupo e a "calidade da xente que acuda" como público.

Pola súa parte, desde o concello non só mantiveron o concerto -que xuntou a centos de persoas e obtivo un grande suceso- senón que acusaron aos membros da policía de “crear problemas onde non os hai na vez de facer o seu traballo, que é evitalos”.

Máis en Ao vivo
Comentarios