Sorteamos 2 entradas para o 'Castañazo Rock'

Queres gozar o vindeiro 2 de novembro en Chantada dunha das citas musicais imprescindíbeis do país? Pois guíate por nós e participa nun sinxelo concurso. Podes gañar un billete para o 'Castañazo Rock'.

Unha pregunta. Non é difícil. Aí vai: Cal é o nome da churrasquería na que en 1994 se deu acta fundacional ao movemento Bravú? Unha pista: está nunha parroquia de Chantada. Se sabes a resposta, envíanola a [email protected], e entrarás no sorteo de 2 entradas para asistires ao Castañazo Rock.

O nome d@s gañador@s daranse a coñecer a vindeira quinta feira no semanario en papel

Este festival celebra a súa XI edición o vindeiro 2 de novembro en Chantada, no mercado gandeiro. O cartel, do melloriño: Bongo Botrako, Dakidarría, Che Sudaka, Lendakaris muertos e Nao. E tamén Ex-tensión Agraria, gañadores do concurso de bandas. Ou sexa, bandas do país e tamén de alén do Padornelo, mais unidas nunha aposta por unha proposta musical de festa e reivindicación.

Mais esta cita non é só música e fai de Chantada o epicentro da diversión nesa fin de semana: O IV Concurso de canto de taberna, o Chantadillo mercadillo variopinto, a VI edición dos Xogos Bravús (tamén con categoría para que se divirtan as crianzas), obradoiros,... E tamén, como on, un aberto de billarda e, xa que estamos no tempo, un magosto popular.

Máis en Ao vivo
Comentarios