Rock e outras lerias

Siniestro Total: Paseando encol da auga

O histórico combo vigués, volve con novo traballo baixo o brazo en forma de EP no que recupera un vello tema e inclúe material novo.

Que Siniestro Total é unha banda que evoluciona estilisticamente cada momento é algo indubidábel. Que esa evolución sexa a gusto de todos é algo máis moito máis difícil de conseguir. Dende logo xa non son esa banda e punk de principio dos 80, xa non fan esas letras buscando a broma fácil e tan irreverentes como nos seus primeiros traballos, pero seguen a ser un das bandas máis carismáticas do panorama actual.

Collín a escoita deste traballo con moito escepticismo, xa que tras escoitar o Country&Western do 2010 e os temas posteriores (Chico de ayer, etc) non me gustou a liña musical que levaban e practicamente perdera a esperanza dun reencontro estilisticamente compatíbel, pero por sorte, estaba trabucado e a vida as veces da agradábeis sorpresas.

O título do EP, “Paseando sobre el agua”, corresponde a un dos temas incluídos no existoso “En beneficio de todos” de 1990 do que fan un revisión e utilizan para abrir o EP. Unha revisión adaptada aos tempos actuais da banda, no que toman un papel moi importante os teclados por riba das guitarras e destaca o sitar de Hardy, que axuda a darlle un aire máis místico ao tema. Un tema que como o bo viño, gañou cos anos e que xa de aquelas era un dos meus favoritos

O tema "Luis Tosar", dedicado ao actor, deixoume atrapado. É para min do mellor que fixo a banda en anos

Black Jack” é un tema no que volven ao blues rock. Cunha letra na que volve a falar de deus, mais esta vez confirmando a teoría de Einstein de que deus non xogaba aos dados co universo, coa engádega de que fai trampas xogando ao Black Jack. Un bo tema divertido e pegadizo que parece feito para ser desfrutado sobre todo en directo.

“Luis Tosar”, é un tema adicado ao actor galego, que colabora coa súa voz no mesmo. Un tema diferente cuxa primeira parte lémbrame moito a Javier Krahe e que vai medrando en intensidade após do primeiro retrouso un riff que creba toda a tranquilidade da canción e funciona como carril de aceleración do tema. Este tema deixoume atrapado, para min do mellor que fixo a banda en anos.

Como sempre digo, agradécese este tipo de formatos no que se inclúen bos temas sen cancións de recheo. Neste caso ademais gratamente sorprendido polo bo resultado do traballo. gardo que vaia por este camiño e que lembren que nos escenarios non hai radares e poden pisar o acelerador sen medo lembrando o que dicían anos atrás: “Somos un grupo de rock e tocamos a toda hostia”.

Video: Siniestro Total – Luis Tosar https://youtu.be/IWGpDPB4B80

Listaxe de Temas

Paseando Sobre el Agua
Black Jack
Luís Tosar

Siniestro Total na rede:
Web: www.siniestro.com
Twitter: @Siniestro_Total
 

Máis en Ao vivo
Comentarios