Seixalbo será irmandiña outro ano máis

The Teta's Van e A Compañía do ruído actuarán no campo da Infesta.
Irmandiñas de Seixalbo

A Noite Irmandiña de Seixalbo, unha parroquia situada ao sur do concello de Ourense, celebra este 26 de maio a súa 4º edición. Na organización aseguran estar “con ganas e ampliando oferta”, cousa que comprobamos botándolle un ollo ao cartaz. Desta volta e coa axuda da Federación ourensá de Chave preparan un campionato deste deporte para crianzas e maiores. Pensando nas primeiras tamén está a actuación de Cé Orquestra Pantasma, o coñecido como home orquestra. A parte didáctica vai consistir nunha conferencia de Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento galego, que falará sobre “A lingua que nos une”, un relatorio sobre a situación actual do noso idioma.

Cinco grupos
A música comezará na praza do Cabido co dúo lucense CastroyMontes e despois, a partir das 22 horas, no campo da Infesta co grupo allaricense Tabú. As rúas de Seixalbo tamén serán as protagonistas da festa co grupo de Mos Turre's Band e continuará o concerto no campo da Infesta coas formacións The Teta's Van e A Compañía do ruído. Rematará a noite (ou comezará o día) unha sesión de DJ desde o Outeiro da Carballeira.

Máis en Ao vivo
Comentarios