Revenidas 2012 con sardiñas e moita música en Vilaxoán

Os Cempés, The Skatalites, Esne Beltza e The Booze son algúns dos grupos que participarán na oitava edición que terá lugar o 20 e 21 de xullo en Vilaxoán nunha das citas imprescindíbeis no calendario de festivais galegos de verán.
Guezos
photo_camera Guezos

Sardiñas salgadas e asadas na grella xunto a música e circo. A mestura dá como resultado un festival en Vilaxoán, As Revenidas, que xa leva oito anos de traballo e aposta pola calidade.  Cita imprescindíbel no calendario dos encontros mestizos de sons galegos doutras culturas, na edición deste ano, ademais da Galiza, escoitaremos formacións de Euskalherria, Xamaica e Francia.

A Vilaxoán chegarán grupos galegos como Os Cempés, co seu último traballo “Tentemozo” aínda recén saído do forno, Guezos, Dios Ke Te Crew ou o Sonoro Maxín, senón que tamén haberá presenza de artistas xamaicanos como The Skatalites, vascos como Esne Beltza e franceses como The Booze.

Os concertos de ámbalas dúas xornadas serán de pago, pero a un prezo, segundo a organización, asumíbel polo público: 10 euros o abono de dous días e 8 euros o día solo, na venda anticipada. O mesmo día o prezo subirá a 15 euros o abono e a 10 o día. O resto de actividades que terán lugar durante todo o día serán de balde.

Máis en Ao vivo
Comentarios