Queren editar un disco e un video de 'Terra da Fraternidade'

Unha iniciativa en Verkami propón achegas individuais e colectivas até acadar os 12 mil euros para a gravación en estudos do concerto.
'Terra da fraternidade'

O pasado 10 de maio Compostela celebrou o 40 aniversario da estrea mundial do "Grândola" de José "Zeca" Afonso cun concerto no Burgo das nacións. Foi o espectáculo "Terra da Fraternidade" no que participaron artistas como Quico Cadaval, Uxía, Carlos Blanco, Ugía, Fred Martíns, Trópico de grelos ou Bocixa. Ante o éxito tanto en cantidade como en calidade do evento agora unha iniciativa quere recoller achegas económicas a través da rede Verkami coa intención de inmortalizar todo o acontecido coa gravación dun disco nos Estudos A Ponte e nos estudos Amil co mesmo nome: Terra da Fraternidade.
A organización lembra que mália o cheo do acto o o evento foi deficitario, dado os altos custes do aluguer do espazo ao concello de Compostela (máis de 3000 euros), Servinova (400 euros e 1,5 euros por cliente), e a Sgae (un 10% da taquilla). Hai máis información do proxecto nesta web.

Máis en Ao vivo
Comentarios