Impulso en Lugo ao teatro afeccionado con 250 persoas e 69 compañías

Con mestres de prestixio como Oliver Laxe, Rubén Ruibal ou María Barcala comeza o programa Buxiganga co que a Deputación de Lugo quere promover o teatro afeccionado. Case setenta representacións con 250 actores e actrices participan no circuito. 

photo_camera Presentación do programa Buxiganga

O cineasta Óliver Laxe, o dramaturgo Rubén Ruibal ou a actriz María Barcala son parte das persoas do mundo das artes escénicas e audiovisual que participan no programa do departamento de cultura da Deputación de Lugo, Buxiganga encamiñado a promocionar o teatro afeccionado.

Vintecatro agrupacións teatrais son as convidadas a realizar funcións por todas a provincia, con idea de dar vida a grupos de teatro afeccionado. Nesta edición, o departamento de cultura da Deputación, xestionado polo nacionalista Mario Outeiro, incorporou cinco novos grupos: Nostrum Cai, Grupo de Teatro de Ribadeo, Asociación Miolo e Cía, Palimoquiños e Teatro Monart.

Serán 69 representacións das que se beneficiarán 59 entidades, colectivos e asociacións neste programa Buxiganga no que participarán máis de 250 actores e actrices. Terán a oportunidade de contar co cineasta Óliver Laxe, o dramaturgo Rubén Ruibal ou a actriz María Barcala nas accións formativas do circuíto.

Máis en Ao vivo
Comentarios