Festigal'12, un festival que mete medo


A aposta desta edición é unha programación variada e coas últimas novidades musicais e editoriais do panorama galego.
Cartaz Festigal 2012
photo_camera Cartaz Festigal 2012

O Festigal deste ano traerá a Compostela a Ataque Escampe, Banda Crebinsky, La Phaze e Zënzar na terza feira 24 de xullo e a De Outra Margem, aCadaCanto, Sés e Terbutalina, a cuarta feira 25 de xullo. Unha aposta decidida pola música do país desde as bandas máis "históricas", como Zënzar e os seus 23 anos de concertos integramente en galego, a proxectos novos que teñen xa unha grande aceptación, como Sés e aCadaCanto. A aportación de fóra virá pola banda francesa La Phaze en xira de presentación do novo album "Psalms & Revolution".

Presentación de libros
Co programa aínda por confirmar na súa totalidade, no Festigal haberá unha importante presenza de novidades editoriais. Na Galería central presentaránse o primeiro día os libros "18 (Dezaoito vozes nunha antoloxía poética galego-portuguesa)" con Iolanda Aldrei, Alexandre Insua Moreira, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Jaime Moreda Santamaría, e Rosanegra (Rosa Martínez Vilas), "A rota do sol" de Camilo Nogueira Román e "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" de Ramón Nicolás. Para o 25 de xullo está prevista a presentación de "Cartografías do derrubo" de Carme Adán, "Queer-mos un mundo novo" de Teresa Moure, "Para unha crítica do españolismo" de Camilo Nogueira e "Como falar e escribir en galego con corrección" de Carlos Callón.


Como noutras edicións no Campus Sur da USC haberá os dous días unha galería artesanal, exposición e venda de artesanía galega, tendas, zona de xantar, bar e postos para xantar e cear os dous días con oferta gastronómica variada.

Máis en Ao vivo
Comentarios