luns 18/10/21
TERá LUGAR DO 21 AO 23 DE AGOSTO

Herdeiros da Crus, cabeza de cartel de Revenidas15

A organización vén de anunciar que o grupo "sorpresa" da edición de Revenidas15 e o cabeza de cartel será Herdeiros da Crus. O festival, cuxa edición será a “máis internacional”, terá lugar en Vilaxoán de Vilagarcía de Arousa entre o 21 e o 23 agosto.

revenidas
revenidas

A sexta feira (7 de agosto) tivo lugar a presentación do festival Revenidas no Fogar do Pescador, en Vilaxoán, onde se deu conta da actuación dun grupo "sorpresa" que se revelaría nos próximos días. O anuncio non chegou en tardar, pois esta mesma tarde, a organización informou nun comunicado de prensa que será Herdeiros da Crus o cabeza de cartel da edición, que este ano presenta como novidade a ampliación do festival un día máis, até o domingo.

Revenidas15, o Festival das Linguas, destaca na súa XII edición pola internacionalización do evento, tal e como destacou a organización. E é que entre os 26 concertos hai bandas de Galiza, Madrid, Valencia, Euskadi, os Estados Unidos, o Canadá ou Italia, cunha combinación de linguas e estilos musicais como o reggae, ska, punk, rock, pop, balkan, garage, rap, hip hop, folque, swing ou electrónica.

A organización de Revenidas15 salienta que a programación deste ano está destinada a todos os públicos. Haberá actividades de balde, como a Gala Solidaria de Circo co Pobo Saharauí, a sardiñada popular, a sesión vermú ou a Feira de Innovación e Artesania. Ademais, a sexta feira  actuarán La Raíz, Banda Bassotti, Zoo, Liska, Nao, Dakidarría, The Eskies, Poetarras e Brigada A.M. Sound System. O sábado é a quenda de Herdeiros da Crus, Terbutalina, The Mahones, Familia Caamagno, Spin Te Kú, Kasernat, Leo i Arremecachona e Dj Crebinsky e o domingo, de SOJA, Los Chikos del Maíz, Xenderal, Rulassie Selelektah, Swindigentes e Blues do País.

O bono dos tres días con acampada de balde até cubrir aforo ten un prezo de 30 euros en venda anticipada.

comentarios