O Memorial Ricardo Portela de Pontevedra homenaxeará a Seivane

A praza da Ferraría acollerá os vindeiros 13 e 14 de xullo o XIII Memorial Ricardo Portela que neste edición lembrará a figura de Xosé Manuel Seivane, artesán e gaiteiro falecido o ano pasado.
Xosé Manuel Seivane
photo_camera Xosé Manuel Seivane

A praza da Ferraría acollerá os vindeiros 13 e 14 de xullo o XIII Memorial Ricardo Portela con importantes novidades respecto ao ano pasado. Nesta edición o Memorial desenvolverase o venres, 13 e o sábado, 14 de xullo na praza da Ferraría, onde compartirán espazo os concertos e a mostra de artesanía e instrumentos tradicionais. Por vez primeira non haberá concurso de agrupacións e o concurso substitúese por concertos e pasarrúas durante as dúas xornadas.

O sábado está previsto unha homenaxe tanto a Ricardo Portela como a Xosé Manuel Seivane


Homenaxe a Seivane
Haberá unha importante presenza de artesáns. Confirmaron a súa presenza Xaneco Tubío, Xosé Tuñas, Foliqueiras, O Chilro, Oli Xiráldez, Pablo Carpintero, Xermán Arias, Obradoiro de Instrumentos tradicionais Mouriño, Master Gaita, Lorena Reinaldo, Rebollo Instruments e Afonso Castro.
Artesán era tamén Seivane, homenaxeado este ano e que nas anteriores edicións colaborou co Memorial. De feito, un dos premios do concurso era unha gaita Seivane. O sábado está previsto unha homenaxe tanto a Ricardo Portela como a Xosé Manuel Seivane, na que estarán presentes familiares dos dous maestros gaiteiros de Galiza.

Máis en Ao vivo
Comentarios