O FestiGal'12 énchese de música

O festival organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre comezou onte a súa primeira xornada.
photo_camera La Phaze no FestiGal'12

A máis da tradicional oferta cultural e musical ao longo do día, @s máis moz@s, desfrutaron da primeira vaga de concertos con Ataque Escampe, Banda Crebisnky, La Phaze e Zënzar.

Até ben entrada a madrugada, milleiros de persoas desfrutaron da música galega e internacional no FestiGal, cun ambiente festeiro que comezaba a conmemorar o Día da Patria Galega. Desta volta, comezaron os galegos Ataque Escampe e a banda Crebinsky, definida polos seus membros coma “unha pequena orquestra popular”. Ao son da mestura folk, jazz e rock, os Crebinsky axitaron ao público para daren paso á música máis electrónica dos franceses La Phaze; unha fusión de reggae e electro-rock.

O cumio da noite chegou da man dos veteranos Zënzar que fixeron tremer o campus coa súa música. A banda encabezada por Xosé Bocixa, estivo acompañada de artistas galegos procedentes doutros grupos do país coma Ruxe Ruxe.

O FestiGal continuará ao longo desta xornada cunha ampla oferta cultural ao longo do día e coas actuacións musicais, a partir das dez e media, dos grupos De outra margem, aCadaCanto, Sés e Terbutalina.

Máis en Ao vivo
Comentarios