CRíTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

M.C.D. - Cun par

Xa temos nas nosas mans o novo traballos dos míticos M.C.D., a banda co acrónimo máis irreverente do panorama. En activo dende 1979, este é o  noveno álbum da súa carreira e co que estrean nova formación.

 

critica
photo_camera critica

Xa temos nas nosas mans o novo traballos dos míticos M.C.D., a banda co acrónimo máis irreverente do panorama. En activo dende 1979, este é o noveno álbum da súa carreira e co que estrean nova formación

Teño que confesar que para min os M.C.D.  sempre foron os Pistols bascos. Foi unha desas bandas que chegaron as miñas mans a través dunha TDK mal gravada cun compilatorio dos que se facían na época  e no escoitei por primeira vez temas como “M.C.D.”, “No hai libertad de expresión”, “No mas punkis muertos” ou “Jódete”, cos que me fixen fan declarado da banda.

Este novo traballo trátase dun disco duplo. O primeiro deles inclúe 8 temas novos gravados en The Rock Studios con Carlos Creator, e o segundo 12 temas en directo gravados en directo o psado 27 de abril na sala Santana. E o resultado non é outro que o mellor do pasado da banda xunto cun prometedor presente.

Dos 8 temas novos que nos ofrecen, dicir que a banda segue na súa banda apolítica e con letras divertidas e provocadoras e sen abandonar ese punk rock '77 do que sempre fixeron gala. Comezando co frenético rítmo de “Como un Perro”, todo un aviso para navegantes de que son e do que hai. Pasan a pórse melancólicos en “Un minuto” e falar de desamor acompañados de pesadas guitarras distorsionadas. “Mil historias" é un tema que entra moi ben na primeira escoita, cun potente recendo a sinxelo, pero non moi preto do propio estilo da banda.

Toda a rabia e actitude punk sae en “Odio”, onde revestidos de riffs sacan toda a xenreira que levan dentro contra aqueles que “non saben vivir sen fodernos a vida”. Nada que ver con “La Luna” no que volven cun tema melódico ao estilo de “Mil Historias” cuns coros máis coidados do habitual que dan paso a “Imposíble”, un dos que para min é o mellor tema do disco. Unha canción que lembra á mellor época da banda, cun estilo inconfundíbel. 

“Pasa unha vez” volve a retomar un dos temas favoritos da banda: a violencia policial. Cun riff que emula o son dunha serea dan paso á denuncia do estado policial no que estamos a vivir. Remata o disco con “La Luz de un bar” cun doutros temas recorrentes da banda: Os bares e as súas benevolencias.

Trátase dun traballo do mellor que fixeron nos últimos anos

No que o disco en directo se refire, achamos un set list con moito peso do mítico “De ningún sitio a ninguna parte” e do “Bilboko Gaztetean”. Áchanchanse en falta temas como “Squatters” ou “No más punkis muertos”, alén doutros clásicos da banda.  Aínda así agradécese ter por fin unha gravación de boa calidade do mítico “M.C.D.” e para que non os viran nunca en directo unha mostra de como sona a banda en 2015. Malia que an algúns temas como “Barrenkalle” a banda sone algo baixa de revolucións de como nos teñen acostumados, este disco é un perfecto complemente ao disco de estudo que o acompaña.

Un duplo disco cheo de sexo, drogas e rock&roll, como era de esperar. Un bo traballo que sen dúbida será acompañado dunha boa xira e que parece marcar o inicio dunha nova etapa camiño dos M.C.D. e do mellor que fixeron nos últimos anos, agardemos que sigan nesa liña asencendente.

Video: M.C.D. - Imposible: https://youtu.be/Ee1RH6vpOZA

Listaxe de temas

CD1
1. Como un perro
2. Un Minuto
3. Mil Historias
4. Odio
5. La Luna
6. Imposible
7. Pasa una Vez
8. La Luz de un Bar 

CD2
1. Jodete
2. M.C.D
3. Violencia Makarra
4. Ruido de Sables
5. 35 Millones de Borregos
6. Gernika
7. Barrio Blues
8. Barrenkalle
9. Sucio Amor
10. Todo por nada
11. El Pringao
12. Entre Borratxos

M.C.D. Nas redes
Facebook: https://www.facebook.com/MCD.oficial

Máis en Ao vivo
Comentarios