Lugo celebra o 40º aniversario do concerto de Zeca Afonso

Cultura do País celebra o sábado 5 de maio unha xornada de homenaxe ao cantautor portugués. Actuou en Lugo o 9 de maio de 1972, un día antes de que cantara o ‘Grândola, Vila Morena’ por primeira vez na Galiza.
Homenaxe a Zeca en Lugo
photo_camera Homenaxe a Zeca en Lugo

Os actos comezarán cunha serie de actividades académicas que terán lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ás 16:30 horas cunha sesión que leva por título ‘Escandinávia Bar’, nome tirado dunha letra do Zeca Afonso. A idea é convocar ás persoas que acudiron a ese concerto ou que viviron en Lugo nesa época a que compartan as súas lembranzas, traian imaxes da época e axuden a coñecer o contexto e a forma na que se vivíu ese acontecemento na cidade por aquel entón.

Continuará a xornada ás 17:30 horas cunha palestra de Paulo Esperança, membro da AJA, que leva como título ‘O Triângulo Mágico do Zeca: África, Portugal, Galiza’. Seguidamente, ás 19:30 horas terá lugar un concerto-espectáculo do grupo de de Canto de Intervenção do Núcleo Norte da AJA. Todas estas actividades son de acceso libre e gratuítas. Contra a noite, ás 23:00 horas, no Clube Clavicémbalo (Rúa dos Paxariños, 23) contarán coa presenza de João Afonso e Fred Martins que ofrecerán un concerto de peche da homenaxe. O prezo da entrada é de 15 euros, con custo reducido para persoas asociadas a Cultura do País, a 10 euros.

Máis en Ao vivo
Comentarios