La Phaze e Ataque Escampe actuarán no Festigal

A banda francesa La Phaze e a galega Ataque Escampe son as primeiras confirmacións do que será a  undécima edición do Festigal.

La Phaze, unha das bandas francesas do momento, terá en Compostela unha das paradas da xira de promoción do seu último traballo, Psalms & Revolution. Será no Festigal, que ofrecerá un ano máis 48 horas de música, tendencias e diversidade no día da Patria e na suá véspera.

O grupo galo, que promete unha actuación chea da enerxía do reggae e do punk, estará acompañado polo rock de serie B de Ataque Escampe e a súa mestura de xéneros, un abano diverso que pasa polo vals, o tango, a canción popular galega ou o rap.

Os concertos serán a banda sonora dunha programación que, como é costume, irá alén. O Festigal completarase con actividades literarias, debates, exposicións e proxeccións audiovisuais, con espazo tamén para a artesanía galega, as asociacións e o lecer das familias e @s cativ@s.

Máis en Ao vivo
Comentarios