VOLVENDO A ESCOITAR...

Judas Priest: British Steel

A obra mestra duns deuses do metal, que venderon deste disco 70.00 copias só nun mes grazas a clásicos como 'Living after midnight'. 

judas-crop

Judas Priest é sen dúbida algunha unha das bandas máis influentes no metal de tódolos tempos. Seu debut oficial foi en 1974 con “Rocka Rolla (Gull Records, 1974)” o que supuxo a entrada na banda do guitarrista Glenn Tipton, xa que a a discográfica pedía que se incluíse un teclista e un saxo, mais eles ofertaron a entrada dun segundo guitarra, fórmula coa que quedou a banda.

Foi hai 35 anos, en 1980, coa publicación do British Steel, cando houbo un antes e un despois na historia de Judas Priest, xa que foi un éxito a nivel mundial e alcanzando o posto 4 nas listas de Gran Bretaña, con máis de 70.000 copias vendidas nun mes.

Por primeira vez, na súa historia, tódalas cancións dos disco estaban compostas polos membros da banda, o que fai que non xa non haxa nin unha soa reminiscencia de blues ou rock progresivo, só hard rock e heavy metal do primeiro ao último tema. Boa proba diso son os singles que proporcionou este disco “Breaking the law”, cun dos riffs máis recoñecíbeis do metal e “Living after midnight” nunha liña máis hard rock, que a día de hoxe están convertidos en clásicos atemporais e “United” que non tivo a repercusión dos anteriores.

O álbum foi producido por Tom Allom, que fora produtor de Black Sabbath nunha mansión que Ringo Starr alugara á banda para ensaiar e que decidiron converter en estudo de gravación e que na súa teima por lograr o ambiente perfecto, rexistrou as gravación nos distintos cuartos da casa e até fixo efectos de son artesanais co que atopaba na mansión e conseguiu plasmar o son coa forza e a potencia que os Judas transmitían, dende o seu inicio co trepidante “Rapid Fire” que abre o álbum ao “Steeler” que o pecha.

O éxito do Britsh Steel foi quen de colocar ao heavy metal na primeira liña musical e foi o inicio dun novo son que abriu o paso a toda unha nova xeración de bandas que por aqueles anos comenzou a nacer. Deulles ao Judas Priest o alcume de “Deuses do Metal”, por mor do tema 
“Metal Gods” que incluía e abriu novos horizontes para o rock.

Judas Priest, British Steel (Columbia, 1980)

Listaxe de Temas

1. Rapid gire

2. Metal gods

3. Breaking de law

4. Grinder

5. United

6. You don't have to be old to be wise

7. Living After Midnight

8. The Rage

9. Steeler

Video Clip Breaking de Law: https://www.youtube.com/watch?v=L397TWLwrUU

Judas Priest nas redes:

Web Oficial: www.judaspriest.com

Facebook Oficial: http://www.facebook.com/OfficialJudasPriest

Twitter Oficial: http://www.twitter.com/judaspriest. 

Máis en Ao vivo
Comentarios