Internautas escollen o cartaz de San Froilán

Será a viciñanza a que decida o cartaz das festas máis populares do outono galego. Así o anunciou o tenente alcalde Antón Bao, ao apresentar o concurso do deseño que anunciará as celebracións.
San Froilán na Guía Postal de Lugo de Maruxa Mallo
photo_camera San Froilán na Guía Postal de Lugo de Maruxa Mallo

Dos días 9 ao 30 de maio poderanse apresentar deseños para participar no concurso que se resolverá por votación popular online. Un xurado fará a primeira selección para que logo as persoas podan escoller entre as catro seleccionadas. 

A iniciativa afonda no interés do responsábel de festas para conseguir implicar á viciñanza na xestión e elaboración das festas. O pasado ano, foron as persoas que gozan das celebracións as que fixeron propostas para construír de forma conxunta o programa de festas. Neste ano, o tenente de alcalde quere que lugueses e luguesas se impliquen desde o inicio nunha das citas fundamentais do calendario anual da cidade. As bases do concurso recollen os formatos de entrega dos traballos ademais de prazos e demais condicións. Ao tempo, convócase tamén un concurso para rapaces e rapazas co fin de seleccionar tamén o cartaz do "San Froilán Miúdo 2012". 

Máis en Ao vivo
Comentarios