Música e literatura para o 24 e 25 de xullo no Festigal


O Festigal'12 contará con bandas musicais de primeira liña e presentacións de libros de actualidade.
Banda Crebinsky
photo_camera Banda Crebinsky

Ademais dos grupos xa anunciados que o Festigal traerá este ano a Compostela,  Ataque EscampeBanda CrebinskyLa Phaze e Zënzar na terza feira 24 de xullo e a De Outra MargemaCadaCantoSés e Terbutalina, a cuarta feira 25 de xullo, a música non parará eses días en todo o recinto do Campus Sur. O día 24 actuarán Os folerpas e o día 25 Carapaus.

Crianzas e Artesanía
As crianzas tamén teñen o seu espazo os días do Festigal. O primiero día haberá Inchabeis e xogos xigantes e o segundo contos e malabares con Lois Soaxe para o día 25 (16 horas), Os Quinquilláns con contacontos e teatro e a música infantil con Pirilampo.

Vinte e nove postos de artesanía de todo tipo (coiro, reciclaxe, macramé prata, monicreques,...) e trece tendas participarán nesta edición do Festigal'12 no Campus Sur da USC. Entre as primeiras a maior parte traballan a roupa e os complementos. As tendas que veremos estes días serán Caramuxo, Caracoleira, Desfectos espaciales, Centro de terapias Sanakura, Chapatízate, A loja da Lusofonía, A cova do Abalorio, Tinta de lura, Buscando sonrisas, Stilos Baratija, Amarante Setem, Cadiroig e Nicetrip

Presentación de libros
O día 25 de xullo presentarase "A terra sabe a loita" (16 horas) de Emilio López Pérez (Milucho); "O galego é uma oportunidade" (16:30), JR Pichel e Valentim Fagim; "Cartografías do derrubo" (17 horas) de Carme Adán na editora Difusora das Letras con Tereixa Navaza, Xabier Paz e a autora; "Queer-mos un mundo novo" (17:35 horas) de Teresa Moure, na editorial Galaxia; "Para unha crítica do españolismo" (18:15 horas)de Camilo Nogueira en edicións Xerais de Galicia con Suso de Toro, e o autor; "Esperando o leiteiro" (19 horas) de Xo sé Neira Vilas que estará acopañado de Victor Freixanes; "Crise e radicalización neoliberal" (19:45) de Xavier Vence na editorial Laiovento con Francisco Jorquera, deputado no Congreso e candidato do BNG á Xunta de Galiza e o autor; "Outramente" (20:30 horas) de Maria Pilar García Negro en Laiovento coa autora e Goretti Sanmartin; "Carvalho Calero Atual" (21:15 horas) da Coletânea de artigos de Carvalho Calero comentados por 11 especialistas.
O primeiro día abre a presentación de "Por unha democracia radical" (17:15 horas) en Estaleiro editora; "Proel e O Galo de Amado Carvalho" e
"Folhas Novas de Rosalia" (17:45 horas), da coleção Clássicos da Galiza da Academia Galega da Língua Portuguesa; “18 (Dezaoito voces nunha antoloxía poética galego-portuguesa)!” (18:30 horas) coa participación de Iolanda Aldrei, Alexandre Insua Moreira, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Jaime Moreda Santamaría e Rosanegra (Rosa Martínez Vilas); "A rota do sol" (19:15 horas) de Camilo Nogueira Román na editorial Laiovento no que falarán o autor e Xabier Macias, director da Fundación Galiza Sempre e Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento europeo; “As rapazas de Xan” (20 horas) de Manuel Iglesias Turnes co autor e Pablo Vaamonde, Che Turnes e Manuel Bragado; "Carné de Identidade" (20: 45 horas) de Mahmud Darwix na editora Barbantesa; "Mordida" (21:30 horas), de Eugénio Outeiro da editora Através; e "Nântia e a Cabrita de Ouro" (22 horas) de Concha Roussia.

Máis en Ao vivo
Comentarios