Falece o fundador do Galo, unha das primeiras asociacións culturais da Galiza

Óscar Fernández Refoxo impulsou este colectivo en 1961 e presidiuno durante vinte anos, entre 1991 e 2001. Avogado de profesión, moveuse sempre en prol da cultura e da lingua da nación

Óscar Fernández Refoxo, fundador do Galo, asociación cultural compostelá e unha das primeiras en nacer na Galiza, faleceu esta sexta feira en Compostela, o seu municipio natal.

Cara ben coñecida no movemento asociativo da capital galega, movéndose sempre en prol da cultura e da lingua do país, xa en 1961 impulsou o mencionado colectivo, do que foi presidente durante 20 anos, entre 1991 e 2011, cando foi nomeado presidente de honra.

Para alén do Galo, Fernández Refoxo, avogado de profesión, facía parte do padroado do Museo do pobo galego e da Fundación Araguaney. A capela ardente será instalada na sala nº3 do tanatorio de Boisaca, en Santiago, até o mediodía do sábado.

Máis en Ao vivo
Comentarios