Ex-tensión agraria completará o cartaz do Castañazo 2013

A banda chairega de punk rock foi a elixida após ser a máis votada nas redes sociais e abrirá os concertos do festival o vindeiro 2 de novembro.

Imaxe Ex_tensión agraria
photo_camera Imaxe Ex_tensión agraria

Xa hai banda gañadora para un concurso que fixo ferver as redes sociais. Finalmente foron os chairegos Ex-tensión agraria os vencedores entre as 5 finalistas. Así, para alén dos 400 euros de premio en metálico esta banda de punk rock indíxena abrirá os concertos do Castañzo rock e completarán o cartaz xunto a Nao, Lehendakaris muertos, Che sudaka, Bongo botrako e Dakidarría. 

Ex-tensión agraria participou xunto con 31 bandas máis no concurso de grupos emerxentes organizado pola asociación que desenvolve desde hai once anos este festival en Chantada (Lugo).

Unha xornada que comezará a mediodía co 'Chantadillo' e actividades destinadas ás crianzas. Aliás, os cantos de taberna inundarán desde primeira hora da tarde a vila e culminará co tradicional aberto de billarda no mercado do gando onde, após un magosto popular darán comezo os concertos a partir das 21.00 horas. 

Máis en Ao vivo
Comentarios